Inicio Cantigas de Santa María Lugares CSM Manual de busca de Lugares CSM

Manual de busca de Lugares CSM

As bases de datos deste proxecto almacenan diferentes tipos de información que podemos dividir entre «elementos» e «atributos». Os primeiros corresponden a aquilo que podemos procurar e que, por tanto, posúe o seu propio buscador: Cantigas de Santa María, iluminuras das CSM, lugares das CSM, fontes das CSM, lugares do itinerario afonsino, etc. Cada un destes chamados «elementos» é complementado por diferentes atributos, como o tipo de lugar ou o número dunha CSM.

Así, por exemplo, o elemento «CSM 10» recibe a información «Loor» do atributo «Tipo CSM» ou «Rosa das rosas e Fror das frores» de «Incipit». Neste exemplo, a devandita CSM non recibe nada do atributo «Lugares», xa que esta cantiga non menciona ningún no seu texto.

Emprego xeral dos formularios da web

Funcionamento do formulario de buscas

A base de datos funciona cun sistema de procura con resultados automáticos, xa que se mostran mentres se escribe. Deste modo, tanto cada unha das caixas de busca, como os resultados finais, son actualizados a medida que se vai realizando a consulta.

Nas caixas de busca aparece un menú despregábel cada vez que se fai clic nel. Ao escribir, as posibilidades deste menú van axustándose ao texto introducido. Á dereita de cada opción, entre parénteses, observarase o número de resultados que se poderían obter facendo clic nese elemento. Debido a que a pesquisa é actualizada automaticamente, os posíbeis resultados de cada caixa tamén variarán. Así, por exemplo, se en «Tipo de CSM» marcamos «Loor», o apartado dedicado a escoller directamente o número da cantiga soamente mostrará aquelas acabadas en 0.

En case todas as caixas é posíbel seleccionar varias opcións á vez. Para facelo, despois de escoller a primeira, simplemente débese repetir o proceso para a segunda. Os elementos funcionan a través do criterio «e» (and, en inglés). É dicir, que se se seleccionan 2 atributos, aparecerán os resultados que coincidan con ambos, non con un ou con outro. Como consecuencia disto, a lista de resultados será limitada se optamos por seleccionar varias opcións de busca.

Os resultados que devolverá o noso filtrado serán actualizados automaticamente e variarán cada vez que se introduza un novo valor. É por isto que non hai un botón para «buscar» e soamente apareza ao final aquel que permite «reiniciar» a pesquisa. Clicando neste estaremos eliminando todos os valores introducidos nas caixas e facendo que os resultados mostren todos os resultados arquivados na base de datos.

Como procurar varios atributos á vez

Usando un equipo de escritorio pódese buscar a través de varios atributos á vez facendo clic no primeiro e máis tarde no segundo. Entre un e outro decorrerán os segundos que os resultados tarden en actualizarse. Para eliminar calquera das opcións seleccionadas débese clicar enriba do × situado á dereita de cada valor.

En xeral, pódese seleccionar tantos atributos e valores como se desexe, aínda que tendo en conta o explicado anteriormente, non sempre é recomendábel, xa que axustar demasiado os parámetros da pesquisa podería provocar que non se obtivesen resultados.

En caso de acceder a través de dispositivos móbiles, a visualización pode variar segundo o sistema e o navegador, aínda que habitualmente logo de facer clic no campo de busca aparecerá unha xanela emerxente onde poderemos seleccionar os valores desexados.

A procura múltiple dentro dun mesmo campo non sempre está dispoñíbel por criterios lóxicos.

Atributos xerárquicos

Algúns atributos, como os «Lugares» son xerárquicos, é dicir, que pertencen a outros superiores. Nos formularios de procura, pódese seleccionar o elemento superior na xerarquía e, deste modo, indicar que se desexa procurar en todos os niveis inferiores. Así, ao seleccionar España, obteranse os resultados de Toledo, Sevilla ou toda a actual Castela e León, por exemplo.

Lugares e LugaresCSM

Lugares CSM

Por «Lugar das CSM» entendemos cada un dos lugares que aparece no texto de cada cantiga, por iso nos resultados amosamos o número da CSM xunto ao nome do lugar. Así, haberá tantas «Sevilla» como cantigas nas que se mencione esta cidade.

Cómpre ter en conta que a mesma localización pode funcionar de xeito diferente en cada CSM: pode ser un «marcador» «cerca de Sevilla» (CSM 323) ou unha «localización» «Aquesto foi en Sevilla» (CSM 324), pode recibir nomes diferentes, pode ser parte dunha viaxe, etc.

Para consultar unha única localización no conxunto das CSM basta con procurala na busca avanzada da base de datos. Mostraranse todas aquelas veces nas que o lugar é mencionado no texto.

Diferenza entre «Lugares» e «Lugares CSM»

Cando nos referimos aos elementos e atributos da base de datos, entendemos por «Lugares» ou «Localización» os edificios, as cidades, as rexións ou os accidentes xeográficos clasificados, sen importar se están presentes no texto das CSM, nas iluminuras ou en calquera outra clasificación da web.

Na base de datos, os «Lugares» relaciónanse con diferentes elementos, como as CSM, os LugaresCSM, as Iluminuras ou o Itinerario afonsino. Actúan como atributos que complementan a súa información.

Os «Lugares CSM» son a unión entre un «lugar» e unha Cantiga de Santa María. «Sevilla (CSM 257)» é a unión entre a capital de Andalucía e a cantiga 257, o que da lugar a un novo elemento con atributos propios.

Pódese procurar a mesma localización nas Cantigas?

Cada «Lugar nas CSM» ten entre os seus atributos un que chamamos «Localización», que fai referencia á localización exacta. Os «lugares nas CSM» «Santiago (CSM 175)» e «Santiago (CSM 184)» compartirán sempre o atributo «localización»: Santiago de Compostela.

Atributos de LugaresCSM

Tipos de lugar

Este atributo permite distinguir diferentes clases de lugares que, a nivel xeral, diferenciamos entre «Accidentes xeográficos», «Edificios», «Localidades», «Rexións» e «Espazos non xeográficos», que se refiren a aqueles que —desde unha perspectiva contemporánea— entendemos que non se encontran na Terra, como o Ceo ou o Inferno.

Cada tipoloxía de lugar ten diversos subatributos, como «Masa de auga» ou «Elevación do terreo» para o caso dos accidentes xeográficos. Ao deslizar o cursor por riba do nome de cada tipoloxía o sistema mostrará información complementaria e xenérica sobre cada un. Caso de acceder empregando dispositivos táctiles sen lapis de proximidade, bastará con premer enriba do atributo para obter esta explicación.

Atributos temáticos

Cada «Lugar nas CSM» ou «Lugar do itinerario» ten entre os seus atributos un que chamamos «Localización», que fai referencia á localización exacta. Os «lugares nas CSM» «Santiago (CSM 175)» e «Santiago (CSM 184)» compartirán sempre o atributo «localización»: Santiago de Compostela.

Categorías narrativas

Cada «Lugar nas CSM» ou «Lugar do itinerario» ten entre os seus atributos un que chamamos «Localización», que fai referencia á localización exacta. Os «lugares nas CSM» «Santiago (CSM 175)» e «Santiago (CSM 184)» compartirán sempre o atributo «localización»: Santiago de Compostela.

Relación co «geospace»

Cada «Lugar nas CSM» ou «Lugar do itinerario» ten entre os seus atributos un que chamamos «Localización», que fai referencia á localización exacta. Os «lugares nas CSM» «Santiago (CSM 175)» e «Santiago (CSM 184)» compartirán sempre o atributo «localización»: Santiago de Compostela.

Outros

Erros coñecidos

Mantemos un rexistro dos erros comunicados e sen solucionar que pode consultar aquí.