Iluminurasdas CSM

Recurso para o estudo e a visualización das iluminuras dos Códices das Historias das Cantigas de Santa María.

Presentamos unha mostra da clasificación das iluminuras das Cantigas de Santa María a través de criterios como os elementos visíbeis dentro das mesmas, as localizacións ou o estado en que foron conservadas. Esta tarefa non formaba parte do proxecto inicial da tese de doutoramento e por este motivo aínda non foi completada. Con todo, entendeuse que grazas ao traballo xa realizado sería sinxelo facer unha proposta de clasificación de imaxes, das que xa moitas usuarias poderán sacar proveito.

A pesar de que esta base de datos pretende servir para afondar no coñecemento do pequeno grupo de imaxes que a conforman, a súa función principal polo momento é outra: iniciar unha reflexión en torno á catalogación de iluminuras, nomeadamente ás de códices medievais e das CSM. Por isto, convidamos a calquera persoa interesada no proxecto a propoñer diferentes solucións, engadidos ou correccións á base de datos que presentamos ou, simplemente, reflexionar en torno a como crear unha clasificación de imaxes medievais útil para as CSM e para outros casos semellantes.

11%
Iluminuras dispoñíbeis (total: 1879)

Base de datos

Procura avanzada

Acceso á base de datos para a procura de iluminuras a partir das clasificacións.

Todas as iluminuras

Listado con todas as iluminuras contidas na base de datos.

Manual de uso

Criterios e instrucións de uso da base de datos.

Busca

Ao seleccionar un elemento abrirase unha nova xanela cos resultados.

  • Manuscritos

  • Cantiga de Santa María

  • Tipo de cantiga

  • Folio

  • Estado da iluminura

  • Elementos visíbeis

  • Trazas da iluminura

  • Tipo de lugar

  • Localizacións

  • Reiniciar a busca

    Reset

Códices dixitalizados en liña

Códice de Toledo (To)

Biblioteca Nacional de España, BNE MS 10069

Códice Rico do Escorial (T)

Real Biblioteca do Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, RBME MS T.I.1

Códice dos Músicos (E)

Real Biblioteca do Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, RBME MS B.I.2

Códice Rico de Florencia (F)

Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia, BNCF MS B.R.20

Bibliografía seleccionada

  • Castro, Bernando Monteiro de. As Cantigas de Santa María: um estilo gótico na lírica ibérica medieval. Niterói, RJ: EdUFF, 2006.
  • Chico Picaza, María Victoria. «Composición pictórica en el Códice Rico de las Cántigas de Santa María». Universidad Complutense de Madrid, Departamento de Historia del Arte I, 1987. Desta tese inédita foi extraída a información para a clasificación das Trazas «Paisaxe rural» e «Paisaxe urbana».
  • Domínguez Rodríguez, Ana. La Miniatura en la corte de Alfonso X. Madrid: Historia 16, 1992.
  • Fidalgo Francisco, Elvira. «Los animales de las “Cantigas de Santa Maria”: una lectura en clave simbólica». Revista de Literatura Medieval, n. 29 (2017): 107–27.
  • Guerrero Lovillo, José. Las Cántigas: Estudio arqueológico de sus miniaturas. Madrid: C.S.I.C.: Instituto Diego Velázquez, 1949.
  • Sánchez Ameijeiras, Rocío. «Imaxes e teoría da imaxe nas Cantigas de Santa María» en Elvira Fidalgo Francisco, As Cantigas de Santa María, 2002, 245–330.
  • Sánchez Ameijeiras, Rocío. Los rostros de las palabras: imágenes y teoría literaria en el Occidente medieval. Madrid: Akal, 2014.

Dereitos de uso

As imaxes do Códice das Historias son fotografías tomadas manualmente dos facsímiles das Cantigas de Santa María do Depósito de fondo antigo da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Esta institución, á que se remitiron desde Patrimonio Nacional, concedeu permiso por escrito para a súa difusión.

As edicións coas que se traballou para as fotografías son:

  • T-I-1, conservado na Biblioteca do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial. A versión facsimilar foi publicada en 2011 e realizada por Patrimonio Nacional e a Editorial Testimonio.
  • B.R. 20, conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia. O facsímile foi editado por Edilán e publicado en 1989.

Versión

Versión: 1.

Tipo de versión: Estábel.

Última actualización completa: 15/08/2021.

Clasificación: Parcial, 15% do total.

Comentarios: A clasificación das iluminuras encóntrase nun estado incerto, xa que algunhas das clasificacións xa foron realizadas para todas as iluminuras dos Códices das Historias, como a localización de montañas ou mares, mentres que para outros apartados o traballo realizado non é superior ao que presentamos aquí. Así, a pesar de que poderíamos ampliar esta base de datos nalgúns puntos, entendemos que sería inútil facelo, xa que podería entorpecer a consulta. No futuro esperamos ampliar a base de datos engadindo bloques de 20-50 CSM seguindo a orde presentadas polos códices.

Últimas engadidas