A base de datos funciona cun sistema de
procura con resultados automáticos, xa que se mostran mentres se escribe. Deste modo, tanto cada unha das caixas de busca, como os resultados finais, son actualizados a medida que se vai realizando a consulta.
Nas caixas de busca aparece un menú despregábel cada vez que se fai clic nel. Ao escribir, as posibilidades deste menú van axustándose ao texto introducido. Á dereita de cada opción, entre parénteses, observarase o número de resultados que se poderían obter facendo clic nese elemento. Debido a que a pesquisa é actualizada automaticamente, os posíbeis resultados de cada caixa tamén variarán. Así, por exemplo, se en «Tipo de CSM» marcamos «Loor», o apartado dedicado a escoller directamente o número da cantiga soamente mostrará aquelas acabadas en 0.
En case todas as caixas é posíbel seleccionar varias opcións á vez. Para facelo, despois de escoller a primeira, simplemente débese repetir o proceso para a segunda. Os elementos funcionan a través do criterio «e» (and, en inglés). É dicir, que se se seleccionan 2 atributos, aparecerán os resultados que coincidan con ambos, non con un ou con outro. Como consecuencia disto, a lista de resultados será limitada se optamos por seleccionar varias opcións de busca.
Os resultados que devolverá o noso filtrado serán actualizados automaticamente e variarán cada vez que se introduza un novo valor. É por isto que non hai un botón para «buscar» e soamente apareza ao final aquel que permite «reiniciar» a pesquisa. Clicando neste estaremos eliminando todos os valores introducidos nas caixas e facendo que os resultados mostren todos os resultados arquivados na base de datos.