Líricaprofana

Lugares da lírica profana en galego a partir da clasificación do proxecto Littera

Traemos a esta web un pequeno fragmento do que se pode atopar na base de datos de Cantigas medievais galego-portuguesas, ferramenta do proxecto Littera, do Instituto de Estudos Medievais da Universidade Nova de Lisboa. Grazas ao estudo da lírica profana e da súa toponimia por parte do equipo da universidade portuguesa, en 2020 colaborouse co proxecto para poder cartografar os lugares do corpus catalogado na base de datos. Como proba do que se pode atopar, agregamos unha vista xeral do mapa, recomendando a consulta desta ferramenta e da sección Toponímia.

Mapa

Ligazóns de interese

Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (IEM)

Base de datos coas cantigas profanas, imaxes e música dos cancioneiros galego-portugueses. FCSH, UNL.

MedDB (CIRP)

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa do Centro de Investigación Ramón Piñeiro.

Palmed (CIRP)

Base de datos Paleográfica da Lírica Galego-Portuguesa do Centro de Investigación Ramón Piñeiro.

Universo Cantigas (UdC)

Edición crítica dixital dos textos que integran a lírica profana galego-portuguesa, da Universidade da Coruña.