Lugaresdas CSM

Viaxe pola xeografía das Cantigas de Santa María.

O estudo dos lugares, e nomeadamente os das Cantigas de Santa María, é a parte principal deste proxecto de investigación e da tese de doutoramento que acompaña. Nesta sección presentamos a base de datos, mapas e análises sobre cada un dos lugares mencionados en cada cantiga. Para cada un deles, analizamos a súa correspondencia coa percepción xeográfica actual, o seu valor e funcións dentro do relato ao que pertence, a tipoloxía de lugar ou a súa pertenza a unha viaxe, entre outras características.

Recomendamos especialmente a lectura do Manual de uso da ferramenta, xa que o tipo de clasificación realizada responde a múltiples criterios creados especificamente para este proxecto ou importados doutros provenientes de diferentes iniciativas da Xeografía literaria contemporánea.

Base de datos

Procura avanzada

Busca de lugares a partir de distintas clasificacións e filtros.

Todos os lugares

Listado con todos os lugares contidos na base de datos.

Análises

Gráficos e análises do papel dos lugares nas CSM

Manual de uso

Criterios e instrucións de uso da base de datos.

Xeral interactivo

Mapa interactivo cos lugares das CSM. A carga da páxina pode ser moi lenta en dispositivos móbiles.

Viaxes

Lugares de paso, inicio e fin nas viaxes das CSM

Peregrinacións

Mapas dos lugares cos que se conectan os centros de peregrinación nas CSM.

De 100 en 100

Creados seguindo a proposta de Joseph T. Snow en «La utilización política de la devoción mariana en el reinado de Alfonso X».

Bibliografía seleccionada

  • Bradbury, Malcolm, ed. The Atlas of literature. London: Tiger Books International, 1998.
  • Chico Picaza, María Victoria. «Composición pictórica en el Códice Rico de las Cántigas de Santa María». Universidad Complutense, Departamento de Historia del Arte I, 1987.
  • Chico Picaza, María Victoria. «La vida como un viaje: viaje y peregrinación en la composición pictórica de las “Cantigas de Santa María” de Alfonso X el Sabio». Revista de filología románica, n. 4 (2006): 129–33.
  • Cooper, David, Christopher Donaldson, Patricia Murrieta-Flores, Christopher Donaldson, e Patricia Murrieta-Flores. Literary Mapping in the Digital Age. Routledge, 2016.
  • Moral, Beatriz García. «El adverbio de lugar en las “Cantigas de Santa María”», 2000, 837–44.
  • Moretti, Franco. Atlas of the European Novel, 1800-1900. London: Verso, 1998.
  • Piatti, Barbara. Die Geographie der Literatur: Schauplätze, Handlungsräume, Raumphantasien. 2. Aufl. Göttingen: Wallstein, 2009.
  • Piatti, Barbara, Hans Rudolf Bär, Anne-Kathrin Reuschel, Lorenz Hurni, e William Cartwright. «Mapping Literature: Towards a Geography of Fiction». En Cartography and Art, 1–16. Lecture Notes in Geoinformation and Cartography. Springer, Berlin, Heidelberg, 2009.
  • Piatti, Barbara, Anne-Kathrin Reuschel, e Lorenz Hurni. «Literary Geography – or how Cartographers open up a New Dimension for Literary Studies». Proceedings of the 24th International Cartographic Conference, 2009.
  • Proxecto «La proyección del Lugar. Compostela en su imaginario geoliterario (1844-1926). Sistemas de Información Geográfica y Humanidades Espaciales». «Compostela Geoliteraria». Compostela Geoliteraria. https://www.compostelageoliteraria.org.
  • Rey, Agapito. «Índice de nombres propios y de asuntos importantes de las Cantigas de Santa María». Boletín de la Real Academia Española, Junho de 1927.
  • Snow, Joseph T. «Alfonso X y las “Cantigas”: documento personal y poesía colectiva». En Scriptorium alfonsí , de los libros de astrología a las «Cantigas de Santa María», 159–72. Editorial Complutense, 1999.
  • Snow, Joseph T. «Alfonso X: sus Cantigas... Apuntes para su (auto) biografía literaria». En Josep María Solá-Solé: homage, homenaje, homenatge : (miscelanea de estudios de amigos y discípulos), Vol. 1, 1984, 79–90. Puvill Libros, 1984.
  • Tally Jr., Robert T., e Bertrand Westphal, eds. Geocritical explorations: space, place, and mapping in literary and cultural studies. New York: Palgrave Macmillan, 2011.
  • Westphal, Bertrand. Geocriticism: real and fictional spaces. New York: Palgrave Macmillan, 2011.
  • Zumthor, Paul. La mesure du monde: représentation de l’espace au Moyen Age. Paris: Seuil, 1993.

Versión

Versión: 1.

Tipo de versión: Estábel.

Última actualización completa: 22/08/2021.

Clasificación: Completa.

Comentarios: Agás carencias ou erros puntuais, que iremos solucionando, esta base de datos e os seus mapas conteñen todos os lugares mencionados nas CSM. A estrutura é estábel e contén numerosa información que, con todo, esperamos ampliar en futuras versións. Do mesmo xeito, confíase en poder mellorar e aumentar o número de mapas e análises.

Lugares recentemente actualizados