O «estado» da iluminura divide aquelas completamente acabadas ou que non carecen de elementos fundamentais daquelas outras incompletas ou defectuosas, sen ter en conta o estado de cadanseus
tituli. Desde xeito, diferenciamos as seguintes opcións:
- - Acabada. Todos os elementos da iluminura foron rematados, a pesar de que pode haber algún detalle inacabado.
- · Bo. O estado é óptimo. Todos os elementos poden ser diferenciados con claridade.
- · Aceptábel. Posibilidade de defectos puntuais que non dificultan a comprensión da imaxe.
- · Malo. Os defectos dificultan a lectura da imaxe.
- - Inacabada. Hai partes notábeis sen facer.
- - Cadro. Soamente se dibuxou o recadro que incluiría a iluminura, mais non hai nada ou practicamente nada no seu interior.
- - Perdida. Non conservamos o folio que supoñemos que contería a iluminura.