Itinerarioafonsino

Seguimento do percurso xeográfico da vida de Afonso X «O Sabio».

En construción

Esta sección está a ser construída. A información mostrada pode ser errónea ou estar incompleta. Soamente a facemos visíbel para mostrar o potencial futuro que pode chegar a obter e recibir feedback por parte dos seus futuríbeis usuarios.

Presentamos un bosquexo da iniciativa que espera cartografar e clasificar os lugares nos que está documentada ou comprobada a través de feitos históricos a presenza de Afonso X «O Sabio». Do mesmo modo que nas outras ideas deste proxecto, compartimos os resultados xeográficos da análise principalmente a través dunha base de datos e mapas.

Un dos obxectivos de informatizar o traballo de Ballesteros y Beretta, González Jiménez e Carmona Ruiz é facilitar a súa difusión e permitir buscas máis rápidas. Por outra banda, a creación da base de datos e dos subsecuentes mapas, fai que sexa sinxelo tratar esta información de xeito comparado. Deste modo, por exemplo, podemos presentar o mapa do itinerario afonsino superposto co dos lugares das CSM.

Esta parte do proxecto non está entre os obxectivos da tese, senón que é unha idea para desenvolver no futuro. O que vostede pode encontrar aquí é soamente unha idea; unha proposta de traballo que pode adoptar outros camiños cando se siga desenvolvendo. Para comprender mellor o que estamos a facer, especialmente no tocante ao formulario de buscas, é conveniente ler detidamente o Manual de uso.

 

Mapas

Mapa interactivo

Mapas interactivos do Itinerario. COIDADO, a carga da páxina pode ser moi lenta.

Mapas xerais

Imaxes de diferentes versión do mapa do itinerario afonsino.

Mapas comparados coas CSM

Mapas superpostas entre o Itinerario e os lugares das Cantigas de Santa María.

Base de datos

Procurar lugares

Busca de lugares pertencentes ao chamado Itinerario afonsino.

Todas os lugares

Acceso á lista con todos os lugares do Itinerario afonsino.

Manual de uso

Criterios e instrucións de uso da base de datos.

Bibliografía

  • Ballesteros y Beretta, Antonio. El Itinerario de Alfonso el Sabio: 1252-1259. Madrid: Tip. Archivos Olozaga, 1935.
  • González Jiménez, Manuel. Alfonso X el Sabio. Barcelona: Ariel, 2004.
  • González Jiménez, Manuel, e María Antonia Carmona Ruiz. Documentación e itinerario de Alfonso X el Sabio. Sevilla: Secretariado de Publicaciones, Universidad de Sevilla, 2012.

Versión

Versión: 0.1

Tipo de versión: Probas. Inestábel.

Última actualización completa: 02/09/2021.

Clasificación: Incompleta.

Comentarios: A base de datos aínda non almacena toda a información que debería, aínda que si unha boa parte da mesma. De atoparse erros, correxirémolos puntualmente. Por outro lado, o modelo de catalogación de datos está suxeito a modificacións. Con esta publicación esperamos recibir críticas e aproximar posíbeis resultados.

Todas as CSM

Lista de todas as Cantigas de Santa María

The Oxford Cantigas de Santa Maria Database

«Información interconectada sobre os textos, os manuscritos e as miniaturas das CSM»

e-Strela (CIRP)

Edicións das CSM e diversas opcións de busca de elementos textuais.

Cantigas for Singers

Edicións das CSM con estudos de rima e indicación de pronunciación.