Cantigas deSanta María

Explore a obra afonsina a través de imaxes dos manuscritos, iluminuras, mapas, gráficos e a nosa base de datos.

A presente base de datos permite a procura de Cantigas de Santa María a partir do tipo de cantiga, da pertenza a cada manuscrito, do número de iluminuras conservadas, e tamén mediante información relacionada coa xeografía e o espazo presente nos seus textos. Ademais, presenta as imaxes de cada cantiga no seu manuscrito, os incipit e refrán de cada unha e outra información adicional.

Esta clasificación serve como referencia para as outras presentadas nesta web, como as de iluminuras e lugares das CSM, mais non constitúe o centro deste proxecto. Así a todo, tanto esta como as outras seccións están en actualización e ampliación constante.

Base de datos

Procurar cantigas

Busca de CSM segundo manuscrito, viaxes e localizacións.

Todas as CSM

Listado con todas as Cantigas de Santa María clasificadas.

Manual de uso

Criterios e instrucións de uso da base de datos.

Busca de cantigas

Ao seleccionar un elemento abrirase unha nova xanela cos resultados.

  • Número da Cantiga

  • Busca por manuscritos

  • Tipo de cantiga

  • Busca por lugar

  • Reiniciar a busca

    Reset

Máis recursos do proxecto

Lugares CSM

Bases de datos e mapas sobre os lugares das Cantigas de Santa María.

Iluminuras das CSM

Base de datos das imaxes do Códice das Historias con información referencial e xeográfica.

Fontes das CSM

Fontes literarias das Cantigas de Santa María.

Bibliografía seleccionada

  • El códice de Florencia de las Cantigas de Alfonso X «el Sabio». Ed. facs. del códice B.R. 20 de la Biblioteca nazionale centrale de Florencia, Siglo XIII. Madrid: Edilán, 1989.
  • Las Cantigas de Santa María: Códice Rico, Ms. T-I-1, Real Biblioteca del Monasterio de San Lorenzo de El Escorial. Madrid: Patrimonio Nacional: Testimonio, 2011. Edición web en [Consulta: 1 de xullo de 2023].
  • Cantigas de Santa María, Códice de los músicos, Patrimonio Nacional, Real Biblioteca del Monasterio de El Escorial. Edición web en [Consulta: 1 de xullo de 2023].
  • Chico Picaza, María Victoria. «La relación texto-imagen en las Cantigas de Santa María, de Alfonso X el Sabio».
  • Fernández, Laura Fernández. «Los manuscritos de las Cantigas de Santa María: definición material de un proyecto regio». Alcanate: Revista de estudios Alfonsíes, n. 8 (2012): 81–117.
  • Fidalgo Francisco, Elvira (ed.). As Cantigas de loor de Santa María: edición e comentario. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2003.
  • Filgueira Valverde, Xosé (ed.). Afonso X e Galicia: e unha escolma de cantigas. A Coruña: Real Academia Galega, 1980.
  • ———. Cantigas de Santa María: Códice rico de el Escorial: Ms. escurialense T.I.1. Odres nuevos. Madrid: Editorial Castalia, 1985.
  • Menéndez Pidal, Gonzalo. «Los manuscritos de las Cantigas. Cómo se elaboró la miniatura alfonsí», 1962. http://www.cervantesvirtual.com/obra/los-manuscritos-de-las-cantigas-como-se-elaboro-la-miniatura-alfonsi/.
  • Mettmann, Walter (ed.). Cantigas de Santa María. Vols. 1-3. Madrid: Castalia, 1986.
  • Snow, Joseph Thomas. «Alfonso X y las “Cantigas”: documento personal y poesía colectiva», Scriptorium alfonsí , de los libros de astrología a las "Cantigas de Santa María", 159–72, Editorial Complutense, 1999.

Dereitos de uso

As imaxes do Códice das Historias son fotografías tomadas manualmente dos facsímiles das Cantigas de Santa María do Depósito de fondo antigo da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. Esta institución, á que se remitiron desde Patrimonio Nacional, concedeu permiso por escrito para a súa difusión.

As edicións coas que se traballou para as fotografías son:

  • Ms. T-I-1, conservado na Biblioteca do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial. A versión facsimilar foi publicada en 2011 e realizada por Patrimonio Nacional e a Editorial Testimonio.
  • B.R. 20, conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia. O facsímile foi editado por Edilán e publicado en 1989.

Ligazóns de interese

e-Strela (CIRP)

Edicións das CSM e diversas opcións de busca de elementos textuais.

The Oxford CSM Database

«Información interconectada sobre os textos, os manuscritos e as miniaturas das CSM»

Cantigas for Singers

Edicións das CSM con estudos de rima e indicación de pronunciación.

Códices das CSM

Códice de Toledo (To)

Biblioteca Nacional de España, BNE MS 10069

Códice Rico do Escorial (T)

Real Biblioteca do Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, RBME MS T.I.1

Códice dos Músicos (E)

Real Biblioteca do Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, RBME MS B.I.2

Códice Rico de Florencia (F)

Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia, BNCF MS B.R.20

Versión

Versión: 1.

Tipo de versión: Estábel.

Última actualización completa: 15/08/2021.

Clasificación: Completa.

Comentarios: A base de datos contén a totalidade das CSM e toda a información relevante para a primeira versión. A ampliación de contidos fica suxeita a próximas versións, aínda que na actual xa se introducen algúns campos de mostra para as primeiras CSM, como a rúbrica, a clasificación de Filgueira Valverde ou as fotografías dos facsímiles. Os posíbeis erros que se atopen serán corrixidos puntualmente.

Últimas cantigas actualizadas