A presente base de datos permite a procura de Cantigas de Santa María a partir do tipo de cantiga, da pertenza a cada manuscrito, do número de iluminuras conservadas, e tamén mediante información relacionada coa xeografía e o espazo presente nos seus textos. Ademais, presenta as imaxes de cada cantiga no seu manuscrito, os incipit e refrán de cada unha e outra información adicional.
Esta clasificación serve como referencia para as outras presentadas nesta web, como as de iluminuras e lugares das CSM, mais non constitúe o centro deste proxecto. Así a todo, tanto esta como as outras seccións están en actualización e ampliación constante.